Home / Actualidad / O BNG de Ferrol presenta a súa candidatura no Carvalho Calero este xoves coa presenza de Vence

O BNG de Ferrol presenta a súa candidatura no Carvalho Calero este xoves coa presenza de Vence

FERROL360 | Xoves 9 abril 2015 | 12:11

O BNG-Asembleas Abertas de Ferrol presenta a súa candidatura ás eleccións municipais de maio este xoves no centro cultural Carvalho Calero ás 20:00 horas. Un acto que contará coas intervencións do voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, e do candidato a alcaldía de Ferrol, Iván Rivas.

Desde o grupo indican que esta candidatura se caracteriza pola pluralidade e a renovación, xa que máis da metade das persoas que a integran non son miltantes do BNG. Estas persoas incorporáronse á candidatura mediante o proceso de Asembleas Abertas e son activistas das diversas reivindicacións sociais que se teñen producido na cidade.

O BNG preséntase a estas eleccións co convencemento de que incrementará a súa representación municipal porque segundo indica nun comunicado «non vai haber ningunha candidatura na cidade que sexa máis representativa do que é nestes momentos a sociedade ferrolá, como a do BNG-Asembleas Abertas».

Publicidad

Banner Parque Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies