Home / Actualidad / O BNG de Narón aproba a candidatura e o programa para as elección municipais de maio

O BNG de Narón aproba a candidatura e o programa para as elección municipais de maio

FERROL360 | Venres 10 abril 2015 | 14:22

Nunha asemblea aberta celebrada na noite deste pasado xoves, o BNG de Narón aprobou por unanimidade a candidatura coa que concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio e tamén o seu programa. Unha candidatura renovada, xa que máis da metade das persoas que integran a lista non se presentaron na anterior convocatoria.

Como xa se sabía, Pablo Villamar é o candidato á alcaldía e repite no posto número 2 a concelleira de Promoción Social, Muller e Igualdade, Teri Sabio. Síguenlles Eva Guerrero (administrativa), Montse Fraga (presidenta de Aspanemi), Sergio Pita (licenciado en Documentación), Manel Montero (adestrador de fútbol) e Lidia Romero (pedagoga).

O resto da lista complétase con José Gómez, Olaia Ledo, José Ángel Rodríguez, Nicolás Manso, Elena Lorenzo, Alejandro Merlán, Susana Luaces, Marcelo Amado, Margarida Leirachá, Pablo Pico, Marta Grandal, Marcos Sánchez, Maite Abeledo e Daniel Amarelo.

Na asemblea, Villamar destacou o «compromiso» das persoas que conforman a candidatura e a alta porcentaxe de renovación da mesma a respecto da convocatoria anterior. Tamén defendeu o traballo que tanto el coma Teri Sabio veñen desenvolvendo nas súas respectivas áreas de goberno levando a cabo «un traballo serio e responsábel» co que puideron manter os servizos sociais e reconducir as contas.

En canto ao programa, Villamar asegurou que aínda non está pechado e que ao longo das próximas datas irán incorporando novas propostas que lles fagan chegar os veciños e veciñas do concello cos que se reunirán.

Publicidad

Banner Parque Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies