Home / Actualidad / O BNG de Narón continúa demandando a construcción dun novo centro de saúde

O BNG de Narón continúa demandando a construcción dun novo centro de saúde

FERROL360 | Mércores 13 novembro 2013 | 17:27

Unha vez máis, tal e como fixeron a pasada semana, o BNG no Concello de Narón colocou unha mesa de recollida de sinaturas para pedir apoio á súa demanda de construír un novo ambulatorio. O futuro inmoble estaría ubicado fronte o actual edificio de saúde naronés.

Esixen que a Xunta de Galicia inclúa crédito no orzamento do SERGAS para o 2014 para este fin.

Os nacionalistas comunicaron que van intensificar a recollida de firmas nos vindeiros días. O contorno do centro comercial Dolce Vita Odeón será o espazo elixido polo BNG local para instalar a mesa de recollida de apoios na tarde do venres e o sábado pola mañá.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies