Home / Actualidad / O BNG de Narón entra no goberno local

O BNG de Narón entra no goberno local

FERROL360 | Xoves 2 xullo 2015 | 17:11

A asemblea aberta do BNG de Narón deu luz verde á entrada dos nacionalistas no goberno local. O documento no que se recollen as prioridades de cara ao mandato 2015-2019, froito dun mes de negociación con TEGA e PSOE, contou co voto favorable da maioría dos asistentes á asemblea.

Hai unha semana, o alcalde de Narón José Manuel Blanco aseguraba que non se discute que Pablo Villamar e Teresa Saibo leven outras concellerías diferentes ás do pasado mandato. Así, todo fai pensar que Villar estará ao fronte de Promoción Económica e Saibo de Promoción Social e Igualdade.

En todo caso, os detalles do pacto de goberno e das áreas nas que traballarán os nacionalistas daranse a coñecer este venres en rolda de prensa. Ademais, este venres ás 13:00 horas Narón celebrará pleno extraordinario no que se darán a coñecer a designación de tenentes de alcalde, membros da Xunta de Goberno Local, nomeamentos do Grupo mixto nas comisións, entre outros.

Un comentario

  1. Gracias a eso Pablo Villamar podra seguir saliendo de Navantia todas las horas que le venga en gana

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies