FERROL360 | Mércores 11 marzo 2015 | 18:10
Incentivar as compras no pequeno e mediano comercio e a hostalaría de Narón é o principal obxectivo da campaña a prol do comercio local que vai poñer en marcha o BNG. O candidato nacionalista, Pablo Villamar, ven de anunciar que nos vindeiros días realizarán un reparto de cartaces nos establecementos do municipio.
Villamar subliñou a importancia que ten para a economía local a actividade comercial e hosteleira, «é un sector puxante dun concello con vitalidade» e por iso «temos a obriga de coidar» esta actividade económica. Neste senso, o candidato do BNG de Narón comprometeu o seu apoio a todas as iniciativas que se desenvolvan para revitalizar este sector.
Un sector, dixo Villamar, que padece gravemente as consecuencias da crise e que está a padecer como poucos as consecuencias da crise e «das medidas normativas» que se están a tomar desde o Goberno central e autonómico e que «sempre benefician as grandes distribuidoras e superficies comerciais».
O Narón Gastronómico ou o Narón Promove son algúns exemplos das actividades que ten impulsado ao longo deste mandato a concellería de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria que dirixe Pablo Villamar.
É o que lle vai a este señor. Sair na foto sen facer nada. Cantos anos leva vivindo do conto no Concello?