Home / Actualidad / O BNG de Narón propón un debate público entre os candidatos á alcaldía

O BNG de Narón propón un debate público entre os candidatos á alcaldía

FERROL360 | Sábado 18 abril 2015 | 16:42

Pablo Villamar, candidato á Alcaldía de Narón polo BNG-Asembleas Abertas, lanza o guante ás cabezas de lista para debatir publicamente e confrontar ideas e programas. Villamar préstase voluntario para organizar este actos.

Nun comunicado, Villamar asegura que o BNG-Asembleas Abertas sempre é partidario da participación e a transparencia e considera que a mellor forma de demostralo é «compartir e contrastar publicamente non só os posicionamentos de cara aos vindeiros comicios, senón tamén o balance do mandato».

Asimesmo, avanza que a diferenza do que xa están a deixar ver outros candidatos, empregará un ton construtivo e respectuoso durante toda a campaña. O nacionalistas engade que o BNG-Asembleas Abertas é «unha organización seria e responsabel que ten vocación de mudar as cousas e transformar o concello desde o goberno».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies