Home / Actualidad / O BNG de Neda aproba o primeiro tramo da súa candidatura

O BNG de Neda aproba o primeiro tramo da súa candidatura

FERROL360 | Luns 13 abril 2015 | 19:58

O BNG de Neda deu un paso máis na composición da súa candidatura e aprobou os catro postos seguintes da lista, toda vez que xa foi confirmada Helena Pardo como cabeza da mesma. O posto número dous é para Cristina Bouza, que xa foi concelleira en Neda polo BNG; síguelle María Jesús Martínez, que participa por primeira vez nunha candidatura municipal.

O posto número catro é para Manuel Alberto Roibal, mentres que o cinco é para Fernando Sánchez. Deles, o BNG destaca a súa xuventude e a súa experiencia. Desde a organización indican que o resto da lista está completa, a falta de resolver pequenas incidencias de trámite.

Publicidad

banner parque ferrol

2 comentarios

  1. Yoli Procesiones

    Xuventude en Helena Pardo y Fernando Sánchez?

  2. Anxo Meira Gerricabeitia

    O incongruente do BNG e que se presenta como «BNG e Asembleas Abertas», buscando mimetizarse coas mareas ou os gañemos que xurden por outras vilas e cidades, cando e falso que funcionen coma unha asemblea aberta. ¿Onde se votou a candidatura? Non vin en ningures que chamasen aos veciños a participar en ningunha «asemblea aberta» pra opinar ou votar. Mais ainda, en Neda esta traballando un grupo de veciños pra elaborar unha candidatura de unidade popular e facendo unha pilada de asambleas e resulta que o BNG se negou en redondo a participar.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies