Home / Actualidad / O BNG denuncia en Ferrol que preto do 30 % dos orzamentos do Estado en Galicia non se executan

O BNG denuncia en Ferrol que preto do 30 % dos orzamentos do Estado en Galicia non se executan

MARTA CORRAL | Ferrol | Viernes 21 noviembre 2014 | 15:45

As cámaras debaten estes días as máis das 4.000 emendas aos Orzamentos Xerais do Estado para 2015, que vanse someter a votación o vindeiro 18 de decembro. Neste marco, a deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, compareceu este venres en Ferrol acompañada polo alcalde nacionalista de San Sadurniño, Secundino García, para dar conta dos investimentos previstos tanto para as nosas comarcas como para a totalidade de Galicia, que o Bloque considera froito dunha «opción ideolóxica».

Pérez sinalou a importancia deste orzamentos, que verán a decidir o rumbo da política no 2015, e que son se cabe máis decisivos nunha comarca como Ferrolterra que depende nunha meirande parte do Estado.

Os nacionalistas destacaron que nos orzamentos figura un aumento do pago da débeda dun 22 % máis ca no 2014, o que se traduce en 125.000 millóns de euros dos cidadáns destinados en exclusiva a sufragala.

Denuncian que en Galicia a partida diminúe nun 1,4 % ao contrario do que anunciou Feijoo, que segundo Rosana Pérez, presumiu de sermos á Comunidade Autónoma «campiona» dos investimentos do Estado.

Con todo, a deputada salientou que o Ministerio de Defensa, aínda que non aumenta moito a súa partida orzamentaria, fóra do estipulado está a recibir créditos por máis de 3.500 millóns de euros adicados a plans armamentísticos: «Isto quere dicir que cartos hainos, o que pasa que o Goberno prefire investilos en Defensa antes que en Sanidade, Servizos Sociais ou Igualdade, que sofren novos recortes» anunciou.

A causa destas preferencias, segundo Pérez, atopámola no que chamou «a opción ideolóxica» que rexe a economía do país pola política do Goberno que esquece «as minorías sociais» e non ten en conta aos pensionistas ou aos estudantes que dependen dunha bolsa: «A nosa opción ideolóxica reflíctese, por exemplo en dúas emendas, nas que pedimos que se reduza un 40 % a partida á Igrexa e un 30 % á Casa Real».

Os Orzamentos Xerais en Galicia

«Non nos regalan nada» explicou Rosana Pérez, denunciando que dende o 2012 non se executa o 100 % do orzamentado na comunidade galega, senón que un 20 ou 30 % do total do investimento do Estado queda sen resolver. Así, dos 571,3 millóns de euros do 2014 só se empregaron 353 millóns.

Pérez anunciou que para 2015 haberá máis de 1.000 millóns de euros adicados ao tren de alta velocidade, unha infraestrutura que entenden que hai que rematar, pero non de costas ás necesidades das infraestruturas internas que fan que vivamos con moito atraso respecto das demais comunidades: «O tramo do AVE contemplado nos orzamentos para Galicia é o que comprende Olmedo-Lubián-Ourense e, que eu saiba, nin Olmedo nin Lubián son galegos, pero nolo poñen a nós» denunciou.

Os investimentos en Ferrolterra

Los 480.000 euros que o Estado adicará ao tren a Caneliñas, parécelles «unha burla e rirse da cidadanía» e esixen un novo estudo dun trazado alternativo.

Secundino García e Rosana Pérez en rolda de prensa este venres (foto: M.C.)

Secundino García e Rosana Pérez en rolda de prensa este venres (foto: M.C.)

Denuncian tamén que non haxa investimentos no tren Ferrol-A Coruña, «no que chegas máis rápido facendo footing» segundo a deputada, e que a SEPI faga «mutis por el foro» na cuestión do levantamento do veto á antiga Astano: «Non se sabe o que vai pasar en xaneiro, e cando lle preguntamos ao presidente díxonos que en Ferrol había tres realidades, o flotel, o BAM e o gaseiro, asegurando que no estaleiro íase estar cortando chapa en febreiro ou marzo de 2015» manifestou Pérez.

Emendas aos orzamentos

Entre outras, o BNG presentou emendas dirixidas a reactivar a economía en comarcas mineiras, como As Pontes -40 millóns de euros-; elaborar un plan de modernización do sector naval -120 millóns de euros-; e 20 millóns de euros para o fomento a industria auxiliar.

O saneamento tamén figura nas emendas dos nacionalistas, que piden 25 millóns de euros para un plan de investimentos para a depuración das rías.

Amarra o teu Futuro!

Pola súa banda, Secundino García, anunciou que dende o Consello Comarcal do BNG apóiase a mobilización da CIG baixo o lema «Amarra o teu Futuro!» e animou á cidadanía a participar o vindeiro día 13 de decembro ás 12:00 horas, na cadea humana que levarán a cabo na Ponte das Pías, en defensa da comarca: «O que está a acontecer só o podemos solucionar os cidadáns», concluíu.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies