Home / Actualidad / O BNG esixe ao Goberno Local que actúe no castelo de San Felipe

O BNG esixe ao Goberno Local que actúe no castelo de San Felipe

FERROL360 | Sábado 12 setembro 2015 | 12:50

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixiu ao goberno local na Comisión de Cultura que xustifique a colocación, no mes de agosto, de valos e precintos plásticos no Castelo de San Felipe. Segundo os nacionalistas, por aquel entón non existía ningún informe técnico que avalara esta decisión nin as medidas tomadas e máis ao tratarse este inmoble dun Ben de Interese Cultural.

O BNG pediu na comisión de Cultura da semana do 4 de setembro explicacións por estes feitos, e de por que se atopaban pechadas ás visitas zonas do castelo. O Goberno local informou o BNG dun informe que explicaba esta situación e que foi facilitado ó Bloque Nacionalista na última Comisión de Cultura. Os nacionalistas aseguran que esta copia do informe ten data do 9 de setembro, un mes despois de ter acordado as medidas no Castelo.

Así mesmo, o BNG esixe ao goberno que comeze coas obras de limpeza dos muros do Castelo, para as que conta coa preceptiva autorización de patrimonio, xa que de «non facelo contribúe a un maior deterioro do inmoble». Dende o BNG consideran que «é preciso volver a cobrar entrada ás persoas que visitan o castelo co fin de axudar economicamente a súa conservación e posta en valor».

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies