Home / Actualidad / O BNG inicia a campaña en Ferrol pedindo o levantamento inmediato do veto

O BNG inicia a campaña en Ferrol pedindo o levantamento inmediato do veto

RAÚL SALGADO | @raulsalgado | Ferrol | Venres 11 abril 2014 | 13:11

«O equipo da casa» presentouse en Ferrol. O BNG escenificou este venres, contra o vento frío ao pé da ría, a súa loita contra as políticas de Bruxelas, que tildan de inxustas ante as necesidades de Galicia. A candidata nacionalista, Ana Miranda, liderou un acto celebrado xunto ao inicio da ponte das Pías, co gran guindastre de Astano de fondo.

Miranda, sólida experiencia xa como eurodeputada, falou da «candidatura de país» que ela encabeza. Pediu clemencia para unha «ría produtiva á que non se deixa producir», no naval e no marisqueo. Sobre este último apartado, afirmou que a visita dunha comisión comunitaria á zona estaba «provocada polo noso traballo» e serviu para confirmar a súa «contaminación».

Censurou a actitude dos «sindicalistas que no fondo aceptan que isto estea parado», aludindo aos estaleiros, e apelou ao naval e ás augas da ría como punto «estratéxico para crear emprego». «O veto estaba aí», sinalou Miranda, que adiantou antes do acto que está á espera dunha resposta do comisario Joaquín Almunia. A súa pregunta: se as restricións expirarán automáticamente ou haberá que aprobar ese paso.

Ao seu xuízo, hai que «buscar solucións», polo que o BNG esixirá na Eurocámara o «levantamento inmediato» dese veto. Por enriba dunha «minoría selecta», a fronte galega propón unha acreditada «voz en Europa». Falaron nas Pías outros membros da lista, como a veterana Pilar García Negro, que reclamou «voz, voto e veto» para Galicia.

Xan Rico, que representa á comarca na candidatura, lamentou que as «gradas hoxe están baleiras» porque «prohibiron facer barcos». «A solución só pode vir de nós mesmos», dixo o traballador do naval ante a «reconversión» e a «emigración».

Ana Miranda compareceu xunto a compañeiros da listaxe (foto: Raúl Salgado)

Ana Miranda compareceu xunto a compañeiros da listaxe (foto: Raúl Salgado)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies