Home / Sociedad / Educación / O BNG interpelará á Xunta sobre as carencias en materia de ensino en Narón

O BNG interpelará á Xunta sobre as carencias en materia de ensino en Narón

FERROL360 | Venres 26 setembro 2014 | 16:45

O voceiro parlamentario de educación do BNG, Cosme Pombo, mantivo este venres unha xuntanza no Concello de Narón cos membros do grupo municipal do partido para abordar a situación do ensino na localidade.

Co curso escolar xa iniciado, os nacionalistas detectaron unha serie de carencias polas que preguntarán á Xunta de Galicia e que serán obxecto dunha iniciativa que presentará o BNG no Parlamento en próximas datas.

Entre as cuestións debatidas no encontro destaca a necesidade de mellorar os equipamentos escolares, para o que pedirán á administración autonómica que asine un convenio de colaboración co Concello, como así demandaba o pleno por maioría o pasado mes de febreiro.

En canto aos comedores escolares, instarán á Xunta a aumentar as prazas de comedor e solucionar a problemática ao respecto dos almorzos. Tamén queren saber desde o Bloque se existe previsión, dadas as necesidades apreciadas pola comunidade educativa, da construción na zona urbana dun centro público de Primaria e Secundaria.

Pombo e os membros do grupo municipal do BNG (foto: BNG Narón)

Pombo e os membros do grupo municipal do BNG (foto: BNG Narón)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies