Home / Actualidad / O BNG non participa nos actos da Constitución e reclama o dereito a decidir

O BNG non participa nos actos da Constitución e reclama o dereito a decidir

REBECA COLLADO | Ferrol | Venres 5 decembro 2014 | 15:00

O BNG non vai participar nos actos conmemorativos do XXXVI aniversario da Constitución que terán lugar este venres porque afirman que o documento «nega a nosa existencia e que nega por tanto os nosos dereitos», segundo indicou Iván Rivas do BNG de Ferrol.

No canto de acudir a esta celebración, os nacionalistas desenvolveron na mañá deste venres outro acto na Praza de Armas e no que reclamaron o dereito a decidir. Así, pediron o recoñecemento do pobo galego e «a capacidade para poder decidir como quere organizarse e como quere relacionarse co resto do pobos do Estado».

Os nacionalistas reclamaron o dereito a decidir con pancartas na Praza de Armas (foto: R.C.)

Os nacionalistas reclamaron o dereito a decidir con pancartas na Praza de Armas (foto: R.C.)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies