FERROL360 | M?rcores 11 decembro 2013 | 19:44
O deputado do BNG Francisco Jorquera trasladou ao Parlamento as demandas dos praceiros de Pontedeume sobre a reapertura do mercado para garantir a actividade comercial na vila e os postos de traballo. Jorquera preguntou ao Goberno sobre a situaci?n do mercado e cales son as s?as previsi?ns para esta instalaci?n.
A directora xeral de Comercio da Xunta alegou que os proxectos de reforma son responsabilidade do Concello e que a ?Xunta non pode interferir nesas competencias municipais?. En canto ao mercado provisional, asegurou que foi inspeccionado e que as condici?ns se ?adec?an ? lexislaci?n vixente?, con puntos de auga e c?mara frigor?fica.
En todo caso, Jorquera lembrou que a Xunta ten competencias en materia de consumo, comercio e sanidade e ante un problema non pode mirar para outro lado. Neste senso, sinalou que ?non abonda con que a Xunta diga que ser?a desexable desbloquear o problema, a Xunta debe iniciar acci?ns para resolver a situaci?n?.