Home / Ferrol / Ferrol / O BNG pide explicacións a Interior pola negativa da Policía de atender a unha persoa en galego

O BNG pide explicacións a Interior pola negativa da Policía de atender a unha persoa en galego

FERROL360 | Venres 17 abril 2015 | 19:14

A deputada do BNG Rosana Pérez ven de rexistrar unha iniciativa no Congreso na que pide explicacións ao Ministerio do Interior pola negativa dun funcionario da comisaria de Ferrol a atender a un cidadán por falar en galego, segundo denunciou a Mesa pola Normalización Lingüística este xoves.

O BNG tamén quere saber cal é a postura de Interior sobre este asunto e se considera que o acontecido supón «unha actitude intolerábel». Asemesmo, os nacionalistas preguntan se o Ministerio vai dar instruccións precisas para que os funcionarios das comisarias en Galicia respecten os dereitos lingüísticos dos galegos.

«O BNG considera que sería pertinente que neste caso o Ministerio do Interior dese as oportunas instruccións para que situacións asi non se volvan a repetir», indica o BNG nun comunicado. Ademais, desde o Bloque sinalan que «estamos diante dun caso de discriminación lingüística clara» e «de falla de respecto aos dereitos lingüísticos».

Os nacionalistas afirman que non hai semana que non se produza un caso de vulneración da toponimia oficial de Galicia por parte dalgunha administración e de negativa da Adminstración Xeral do Estado a atender trámites ou expedientes en galego.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies