Home / Actualidad / O BNG pide no Parlamento a retirada do material contaminante do río Baa

O BNG pide no Parlamento a retirada do material contaminante do río Baa

FERROL360 | Martes 6 outubro 2015 | 18:35

O BNG levou á sesión do Parlamento de Galicia unha Proposición non de lei na que se pedía a aplicación da legalidade urbanística para proceder a retirar o depósito de residuos contaminantes importados de Holanda no rio Baa, así como a imposición de sancións aos responsábeis da infracción.

A deputada do BNG, Ana Pontón, defendeu esta iniciativa que se facía eco das denuncias dos veciños e da Asociación Etnográfica da Natureza Amigos do río Baa, que conta con informes que confirman a contaminación do río.

Pontón tamén fixo referencia a situacións similares nos concellos de As Somozas e As Pontes con depósitos de toneladas de verquidos. «Afirmaban que existían tecnosolos, pero chegaba con que unha persoas visitara a zona para comprobar o problema ambiental», dixo a parlamentaria.

Así, a nacionalista explicou que a empresa MANMER provocou en diversas ocasións un grave problema ambiental ao importar de Holanda 800.000 toneladas de materiais asfálticos depositados no porto exterior de Ferrol, no concello de Cabanas e ao carón do río Baa.

Desde o BNG indican que a responsabilidade da Xunta é «eliminar o foco de contaminación» e critica que estamos «ante seis anos de incumprimento descarado de todas as resolucións da Xunta de Galiza que segue mirando para outro lado».

O PP votou en contra desta iniciativa e Pontón cualificou de «temeridade e irresponsabilidade» que a Xunta non se implique para resolver este problema. Con todo, desde o BNG afirman que seguirán traballando coas asociacións ecoloxistas e de veciños que denuncian a contaminación.

Un comentario

  1. Da retirada de REGANOSA da Ría de Ferrol dixo algo o BNG?

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies