Home / Actualidad / O BNG promove unha homenaxe a Fernández Barcia en Mugardos

O BNG promove unha homenaxe a Fernández Barcia en Mugardos

Xosé Fernández Barcia
Xosé Fernández Barcia

FERROL360 | Xoves 7 marzo 2019 | 20:15

Logo do pasamento no mes de novembro do que fora durante anos rexedor de Mugardos, o nacionalistas Xosé Fernández Barcia, o BNG promove unha homenaxe este sábado para subliñar «o seu papel activista na defensa do proxecto nacionalista, quer no traballo sindical ou no político; sen esquecer a faceta humana que o compañeiro desenvolveu durante tantos anos de militancia».

A portavoz nacional, Ana Pontón, tamén acudirá ao Centro de Maiores da vila, onde terá lugar o acto ás 12:00 horas. Haberá proxecións dun vídeo con imaxes e lembranzas e despois unha palestra.

Pontón falará pechando o acto, en torno ás 13:30 horas. Tamén tomará a palabra o candidato nacionalista Gemino Varela. O acto está aberto á participación de toda a veciñanza.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*