Home / Actualidad / O BNG quere recuperar a alcaldía de Fene

O BNG quere recuperar a alcaldía de Fene

FERROL360 | Domingo 19 abril 2015 | 18:38

O BNG de Fene márcase como obxectivo para as eleccións municipais de maio recuperar a alcaldía. Na presentación da candidatura da agrupación, que tivo lugar este domingo no círculo de Perlío, o cabeza de lista Juventino Trigo asegurou que no BNG «sabemos gobernar un concello, sabemos xestionar as contas municipais e sabemos investir en educación e en benestar social».

Trigo avanzou varias das súas propostas, como o Plan de Emprego municipal, a posta en marcha do plan de urbanismo e a revisión das ordenanzas de impostos, entre outros. Algúns membros da lista tamén aportaron as súas ideas de cara ao futuro traballo no goberno municipal, desde políticas para a xuventude, ata medio ambiente, urbanismo, educación e emprego.

A candidatura está composta por un total de 21 persoas e conforman unha lista elaborada tras un proceso de Asembleas Abertas que comezou hai varios meses. A vice-portavoz parlamentar, Ana Pontón, acompañou á candidatura fenesa na súa presentación.

Banner Odeon

Un comentario

  1. Con Juventino TRigo como candidato do BNG, o Partido Popular ten asegurada a maioría absoluta en Fene

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies