Home / Actualidad / O BNG sostén que a Xunta discrimina a Narón e reclama o inicio do centro de saúde

O BNG sostén que a Xunta discrimina a Narón e reclama o inicio do centro de saúde

R. SALGADO | @raulsalgado | Narón | Xoves 19 febreiro 2015 | 13:12

«A Xunta segue discriminando ao noso concello». Declaracións de Pablo Villamar, voceiro do grupo municipal do BNG en Narón, en relación co retraso que acumula a execución do proxecto para dotar á localidade dun novo centro de saúde. O edil compareceu no consistorio xunto ao voceiro no Parlamento de Galicia, Francisco Jorquera.

O deputado autonómico coñeceu ao longo desta xornada non só a problemática sanitaria de Narón, senón tamén a de Ares, onde o Goberno galego tamén pretende ampliar a actual infraestrutura. Jorquera sostivo que as instalacións do Alto do Castiñeiro son «total e absolutamente insuficientes» e que non permiten «atender debidamente» aos cidadáns nun concello no que aumenta a poboación.

Denunciou que o executivo de Feijoo «segue sen cumprir» as súas promesas en canto a esta iniciativa e indicou que a consignación nos seus orzamentos do 2015 é de «cero euros». Ao mesmo tempo, resaltou que o Partido Popular «rexeitou este ano as enmendas para que houbese dotación».

Nesta liña, dixo que o presidente galego «anunciou 15 novos centros» en 2012 e que non está aberto ningún a día de hoxe. En opinión de Jorquera, a Xunta pretende «substituír realidade por propaganda» nun eido, o sanitario, que «non é unha prioridade».

A formación nacionalista reclamará de novo na Cámara do Hórreo que haxa «diñeiro para empezar» as obras nas proximidades do actual centro.

Francisco Jorquera visitou Narón este xoves (foto: Raúl Salgado)

Francisco Jorquera visitou Narón este xoves (foto: Raúl Salgado)

Publicidad

san valentín en dolce vita odeon

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

2 comentarios

  1. Xosé do Bertón

    Empezou a campaña eleitoral!

  2. para que quiere naron un centro de salud pegado al que hay ahora que esta perfectamente , mejor seria en otra zona mas alejado del que hay

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies