FERROL360 | Xoves 30 xullo 2015 | 18:32
O Consello Comarcal do BNG critica a utilización electoralista do contrato dos catro petroleiros en Navantia e denuncia que os estaleiros de Ferrol-Fene quédanse coas «migallas do reparto», xa que esta obra empregaría a un máximo de 300 persoas. Ademais, advirte que a Fene non se lle asigna carga de traballo deste contrato pola súa ocupación co proxecto da eólica mariña.
Sobre o reparto da carga de traballo, desde o Consello comarcal do Bloque indican que a realización dos bloques de proa dos petroleiros supón «unha moi pequena parte do conxunto do buque» e o complexo Fene-Ferrol leva, unha vez máis, as migallas do reparto. Neste senso, apuntan que empregaranse a un máximo de 300 persoas nos 21 meses que durará a construcción dos buques.
Neste punto, os nacionalistas critican a «inacción» e «conformismo» da Xunta de Galicia, que valora positivamente este contrato, mentres que a Junta de Andalucía está a moverse para acadar máis cotas de participación no proxecto para as factorias de Navantia nesa comunidade.
En relación á utilización electoralista do contrato, o Consello Comarcal sinala que xa no mes de maio, cando se comezou a falar da posibilidade deste encargo, denunciou de que se trataba de utilizar a situación do naval con fins electorais e partidistas. Unha actitude que o PP realiza de xeito reiterado desde 2012, cos floteis de PEMEX, e en maio do 2014, co BAM, critican os nacionalistas.
Por último, o Consello Comarcal pon o punto de mira no proxecto de eólica mariña e indica que a «presunta ocupación» da factoría de Fene con este encargo semella ser un dos factores para que non se lle asigne carga de traballo no contrato dos petroleiros. De xeito, evidénciase unha «utilización perversa» da eólica mariña para impedir que Fene volva á construcción naval convencional.
Ante esta situación, o BNG reitera que o problema da liquidación progresiva do naval é consecuencia de decisións políticas «dirixidas a cercenar a nosa capacidade de producción» e deben de ser decisións políticas tamén as que permitan ao sector devolver o seu papel como motor principal da economía comarcal.
claro claro, como siempre, para el BNG e Izquierda Unida cuanto peor vayan las cosas mejor para ellos, así arañan algún voto. Sabemos de que pié cojean…
Apareceu o BNG!!!! Volven os do NON!!!