Home / Deportes / O campo de fútbol de San Sadurniño converterase nunha cancha de herba artificial

O campo de fútbol de San Sadurniño converterase nunha cancha de herba artificial

FERROL360 | Luns 2 marzo 2015 | 18:52

A Deputación da Coruña deu o visto bo ao proxecto de converter o campo de fútbol de Corrás, en San Sadurniño, nunha cancha de herba artificial. O organismo provincial financiará ao 100 % esta actuación, que ascende a 340.224 euros.

Así, vaise retirar o céspede natural e substituílo por outro artificial de máxima calidade e dunha superficie de 92×57 metros. Así mesmo, o proxecto inclúe a execución de beirarrúas de formigón ao longo de todo o perímetro do terreo de xogo.

Ademais, por motivos de seguridade e para evitar a entrada de público no campo, vaise instalar tamén un valado a unha altura de 0,90 metros. Os postes e os pasamáns serán de aluminio. Por último, instalaranse novas porterías fixas e outras catro abatibles para fútbol 7.

Escola Infantil Municipal

Por outra banda, o Concello de San Sadurniño xa ten aberto o periodo de reserva de praza para o curso 2015/2016 da Escola Infantil Municipal. Este mes de marzo contará con dous periodos para solicitar praza, o primeiro rematará o 15 de marzo e está dirixido ás nenos que xa están matriculados no centro.

O segundo prazo, do 16 ao 31 de marzo, será o das solicitudes de novo ingreso para as familias que queiran matricular as crianzas na escola por primeira vez. A escola conta con 38 prazas, 8 na unidade de tres meses a un ano, 13 na de un a dous e 17 na de dous a tres anos.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies