Home / Cultura / O cantautor Miguel Castro actúa este xoves na capela do Centro Torrente Ballester

O cantautor Miguel Castro actúa este xoves na capela do Centro Torrente Ballester

Miguel Castro, cantautor

Miguel Castro, cantautor

ARY LÓPEZ | Xoves 11 xullo 2013 | 10:17

Nova cita coa música dentro do circuito cultural Noites na Capela, que reúne neste edificio ferrolán a artistas de diversos estilos e procedencias.

Miguel Castro visita o Torrente para presentar o seu primeiro traballo, producido por el mesmo e titulado ‘Dos toboganes’, e adiantará tamén algunhas das cancións do seu vindeiro disco, que levará por nome ‘Cosillas (los martes los tenedores no se caen)’.

Os amantes de Bob Dylan, Glen Hansard ou Jorge Drexler poderán ver que Miguel Castro atopou neles certa inspiración artística. Ademais de traballar ritmos coma a bossanova, o swing, o country ou o folk, tamén emprega loops, que veñen sendo pequenas pezas grabadas nos seus concertos.

Métese na pel de varias personaxes interpretando rexistros que van desde o amante abandoado ao individuo descontento coa sociedade. No seu estilo de canción de autor atopamos intimismo, tenrura e calidez, pero, ao mesmo tempo, ironía, sarcasmo e retranca galega.

A actuación será ás nove da noite e a entrada custa 3 euros.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies