Home / Ferrol / Moeche / O Castelo de Moeche amplía o seu horario de apertura ao público

O Castelo de Moeche amplía o seu horario de apertura ao público

FERROL360 | Sábado 15 agosto 2015 | 20:53

O Castelo de Moeche abrirá seis días á semana, ampliando o seu horario para axustalo ás peticións dos visitantes e veciños. Así, a partires deste sábado e ata o vindeiro 30 de setembro o Castelo abrirá todos os días excepto o luns.

Os interesados en visitar a fortaleza poderán facelo de martes a venres en horario de 17.00 a 19.30 horas, mentres que os sábados, domingos e festivos o horario será de mañá e tarde, de 12.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.30 horas. Ademais, os dias 21 e 22 de agosto, co gallo do Festival Irmandiño, a entrada será gratuíta.

Ata este momento a fortaleza abría as súas portas unicamente os sábados, domingos e festivos. A ampliación do horario prodúcese logo dunha xuntanza entre a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, e a Asociación Euroeume, encaragada de xestionar o Castelo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies