Home / Sociedad / Educación / O CEIP A Laxe de Valón xa ten comedor escolar para dar servizo a trinta alumnos

O CEIP A Laxe de Valón xa ten comedor escolar para dar servizo a trinta alumnos

REBECA COLLADO | Ferrol | Xoves 5 novembro 2015 | 17:45

Coa apertura este xoves do comedor escolar no CEIP A Laxe de Valón cúmprese unha vella demanda para dar un servizo a trinta alumnos. O concelleiro de Ensino, Suso Basterrechea, asegurou en rolda de prensa que «case podemos dicir que é un día histórico» porque desde este xoves todos os centros públicos de Infantil e Primaria de Ferrol dispoñen deste servizo.

Un servizo imprescindible para facilitar a vida laboral e familiar de moitas familias e que simplifica ademais a asistencia dos alumnos ás actividades escolares. E é que este centro da zona rural de Ferrol da cobertura ás parroquias de Doniños, San Felipe, Brión e A Cabana.

Tamén relacionado cos centros educativos da cidade, Basterrechea anunciou que a vindeira semana a Sociedade Galega de Historia Natural iniciará a construción de reloxos solares nos patios de cada colexio. O concelleiro estima que en 15 días os dez centros xa contarán con esta ferramenta educativa e didáctica.

Concertos didácticos

Por último, o edil avanzou que o Teatro Jofre acollerá os concertos didácticos dirixidos aos escolares de Infantil e Primaria os días 11 e 12 de novembro. En total hai 1.184 prazas, 592 por actividade, para todos os centros CEIP de Ferrol que o soliciten. A actividade é de balde.

A primeira sesión será o mércores 11 e consistirá nun concerto de monicreques que leva por título Iván e o lobo gris, e corre a cargo do profesorado e do alumnado do conservatorio Xan Viaño. Este concerto está dirixido a escolares de 3 a 5 anos.

A segunda sesión será o xoves 12, coa función Un viaxe polas culturas musicais do mundo, a cargo de Laboramusic, un proxecto solidario que chega desde Alicante. Esta actividade lúdica, musical e educativa está dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Primaria.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies