Home / Sociedad / Educación / O CEIP O Ramo e a ASCM desenvolverán actividades para concienciar ao alumnado sobre a discapacidade

O CEIP O Ramo e a ASCM desenvolverán actividades para concienciar ao alumnado sobre a discapacidade

FERROL360 | Domingo 29 novembro 2015 | 16:23

O coñecemento da discapacidade e a inclusión das persoas que a padecen, na escola e na sociedade, é un dos obxectivos do proxecto educativo do CEIP Plurilingüe O Ramo, de Fene.

Buscan «a concienciación do alumno nos valores de solidariedade e respecto aos outros e que a discapacidade é algo que se pode manifestar ao longo da vida de unha persoa», indican desde o centro.

Para poñer en práctica este proxecto, ademais do traballo curricular, diferentes entidades colaboran co centro no desenvolvemento do mesmo, a través de cursos de formación e actividades. Así, este luns a ASCM realizará unha acción de sensibilización sobre a diversidade funcional.

A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 horas e centrarase en realizar xogos adaptados ás persoas con discapacidade e accións de representación, nas que os nenos poderán percibir como se sente unha persoa con diversidade funcional.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies