Home / Cultura / O centro cultural Carvalho Calero acollerá cinco exposicións didácticas ata finais de curso

O centro cultural Carvalho Calero acollerá cinco exposicións didácticas ata finais de curso

REBECA COLLADO | Ferrol | Xoves 28 xaneiro 2016 | 17:00

Co obxectivo manter unha programación estable no centro cultural Carvalho Calero e de imprimille un carácter didáctico, a Concellería de Cultura de Ferrol programa cinco exposicións neste centro ata o mes de xuño. Mostras abertas ao público en xeral, pero que teñen nos alumnos da cidade e da comarca aos seus principais destinatarios.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, explicou na presentación do calendario expositivo que trátase dunha «programación ambiciosa» na que se abordará temas de actualidade. A primeira das exposicións será a mostra dos fondos da Asociación de Amigos do Ferrocarril, que conta con maquetas e pezas históricas que nos levan a realizar un percorrido pola historia do tren.

A exposición abrirá as súas portas o 4 de febreiro e poderá visitarse durante todo o mes. Basterrechea sinalou que esta mostra «sempre ten moi boa acollida» e para os nenos é «especialmente atractiva».

Tomará o relevo no mes de marzo a exposición Iguais, que aborda o mundo do traballo desde o punto de vista do xénero con mulleres que realizan faenas habitualmente desenrroladas por homes. O edil asegurou sentirse «moi ilusionado» con esta mostra porque marca o inicio da colaboración entre o Concello e o IES de Leixa. A exposición conta con fotografías de José Pardo.

O mundo das abellas e a problemática existente coa proliferación da vespa velitina ocupará unha exposición, dunha semana de duración, a cargo de AGA. Do 28 de marzo ao 2 de abril os pequenos coñecerán a vidas das abellas e de xeito complementario se celebrará charlas informativas para o público en xeral.

A finais do mes de abril, o Carvalho Calero acollerá un certame de poesía e imaxe da Concellería de Normalización Lingüística. Será do 25 ao 28 de abril. O mes de maio a programación detense para dar cabida a unha exposición dos traballos da Asociación de Veciños do Ensanche.

Para pechar o calendario de exposicións didácticas a entidade Ti Mais Eu Teatro levará ata o centro cultural, no mes de xuño, a mostra Historias do Camiño Inglés. Xa de cara ao vindeiro curso escolar, a Concellería de Cultura ten previsto organizar unha exposición de maquetas de barcos primitivos e outra de videoxogos.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies