Home / Cultura / O Centro de Interpretación de Caldoval celebra a II Xornada de Xogos Romanos en Familia

O Centro de Interpretación de Caldoval celebra a II Xornada de Xogos Romanos en Familia

FERROL360 | Mércores 24 xullo 2019 | 9:40

O Centro de Interpretación de Caldoval de Mugardos programa para este sábado unha segunda edición da Xornada de Xogos Romanos en Familia. Segundo explicou a concelleira de Cultura, Lola González, maiores e pequenos están invitadas a participar na actividade, na que se propón unha viaxe á antiga Roma para recrear os xogos da época: o trigón, a letra delta ou o tres en raia, lanzamento de peso, esgrima ou dicir adiviñanzas.

A xornada de xogos familiares vaise desenvolver de 18.30 a 21.00 horas na cancha exterior de Caldoval. Será, como todas as visitas e obradoiros que se desenvolven no centro, de entrada libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.

O vindeiro 3 de agosto haberá unha nova xornada no centro, desta volta sobre a escritura romana. Lola González comentou que estas actividades teñen por obxecto poñer en valor a cultura romana e a súa pegada na zona, para facer de Caldoval unha referencia no coñecemento e divulgación deste importante capítulo da historia.

Durante os meses de verán o Centro de Interpretación de Caldoval abre en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas, de martes a domingo. As visitas guiadas desenvólvense de xoves a domingo ás 10.30, 12.30, 16.30 e 18.30 horas. No caso dos talleres didácticos son ás 11.30 e ás 17.30 horas. P

ara máis información hai que chamar ao 687 072 116 ou escribir un mail a info@museocaldoval.gal.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies