Home / Cultura / O Centro de Interpretación de Caldoval completa as mañás escolares dos venres

O Centro de Interpretación de Caldoval completa as mañás escolares dos venres

FERROL360 | Luns 5 marzo 2018 | 9:56

O Centro de Interpretación de Caldoval de Mugardos está despertando o interese entre a comunidade escolar da comarca. No seu primeiro ano de funcionamento e, pouco despois da súa apertura o pasado mes de setembro, o proxecto museográfico xa ten cubertas todas as mañás dos venres ata a xuño para a realización de visitas escolares de colexios de Mugardos, Ares, Ferrol e Narón.

O Centro de Interpretación abre as súas portas os venres, sábados e domingos, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e ten deseñado un programa de balde específico para o público escolar.

Dúas persoas expertas en arqueoloxía e patrimonio encárganse de atender aos grupos escolares e guialos polo xacemento, único no noroeste peninsular que pon en valor o xacemento romano descuberto na enseada de Santa Lucía.

Segundo os seus intereses e as idades dos escolares, desenvolven diferentes obradoiros nos que se amosan aspectos da vida cotiá nuns baños privados romanos de hai 2.000 anos.

Un deles pode ser o de «Ludi Romani», no que aprenden a construír xogos de mesa romanos. Outro leva por título «O Perfume do César», e nel elabóranse ungüentos aromáticos e fálase dos usos estéticos da época.

As visitas guiadas para os colexios son de balde, ao igual que as que se realizan para o público en xeral que se desenvolven os sábados e domingos, en horarios de mañá e de tarde, cunha duración aproximada de 45 minutos. 

Na web do Centro de Interpretación de Caldoval hai cumprida información sobre os diferentes talleres, ademais dun teléfono para reservar praza nas visitas guiadas para o publico en xeral. Tamén pódese descargar un dossier informativo específico no que se explican as actividades para Infantil, Primaria e Secundaria.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies