Home / Ferrol / Narón / O Centro de Recursos Solidarios de Narón precisa voluntarios para clasificar os xoguetes que se repartirán este Nadal

O Centro de Recursos Solidarios de Narón precisa voluntarios para clasificar os xoguetes que se repartirán este Nadal

FERROL360 | Mércores 23 decembro 2015 | 9:29

A concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, solicita a colaboración dos naroneses na campaña de Nadal organizada polo Concello para que ningún neno se quede sen xoguetes nestas festas.

A edil explicou que no Centro de Recursos Solidarios de Narón se agradece toda a axuda posible para revisar e clasificar os xoguetes que se doaron e que o vindeiro día 30 de decembro se entregarán ás familias con menos recursos que os solicitaron formalmente a través do Servizo Sociocomunitario.

As persoas interesadas en colaborar deben presentarse nas instalacións do Centro, ubicado nunha nave da parcela 23 da avenida Gonzalo Navarro, no polígono industrial de Río do Pozo (ao lado da antiga firma Vidrieras Alvariño), entre as 10.00 e as 13.00 e de 16.30 a 19.00 horas.

Previamente é preciso cumplimentar un documento cos datos persoais que se pode recoller no Servizo Sociocomunitario –primeiro andar do Concello- ou nas instalacións do propio Centro de Recursos Solidarios.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies