Home / Sociedad / Empleo / O Centro Municipal de Formación de Narón acolle seis cursos de diferentes ensinanzas

O Centro Municipal de Formación de Narón acolle seis cursos de diferentes ensinanzas

FERROL360 | Martes 21 xullo 2014 | 20:30

A Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez, visitou este martes o Centro Municipal de Formación onde estanse a impartir un total de seis cursos nos que participan 80 alumnos. A edil saudou ós participantes destes obradoiros e animoulles a sacar o maior aproveitamento posible destas ensinanzas.

Actualmente estanse a impartir dous cursos do Programa Habilita 2014. Un programa financiado íntegramente polo Concello e que consiste en accións formativas de corta duración, aplicables a calquera realidade sociolaboral e/ou imprescindibles para mellorar as competencias persoais e profesionais.

Así, estanse a desenrrolar os cursos de prevención de riscos e saúde laboral, de 60 horas de duración e no que participan 15 alumnos; e iniciación ó cultivo baixo abrigo, de 20 horas de duración e con 10 alumnos. Ademais, dentro deste programa están pendentes de empezar dous cursos de Iniciación á maquinaria agroforestal, manual e lixeira, e Mellora de empregabilidade.

O Centro tamén acolle os cursos do Programa AFD 2014. Un programa cofinanciado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Narón. Actualmente impártense os seguintes cursos: atención sociosanitaria a persoas no domicilio, de 618 horas, e no que participan 15 alumnos; montaxe de mobles e elementos de carpintería, de 540 horas, e con 15 alumnos.

Tamén se desenrrola un curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, de 475 horas, e con 15 alumnos. Ademais actualmente impártese o Curso de Electricista de Edificios, de 400 horas, e 10 alumnos, financiado pola Fundación Endesa en colaboración con Cáritas e o Concello de Narón.

A edil visitou o Centro este martes (foto: Concello de Narón)

A edil visitou o Centro este martes (foto: Concello de Narón)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies