Home / Deportes / O Cidade de Narón e o Troula Betanzos enfróntanse no I Trofeo de Fútbol Sala de San Sadurniño

O Cidade de Narón e o Troula Betanzos enfróntanse no I Trofeo de Fútbol Sala de San Sadurniño

FERROL360 | Xoves 12 setembro 2013 | 15:52

O pavillón municipal de San Sadurniño acolle esta tarde un encontro amigable entre dous equipos que están a quentar motores para a nova temporada.

Por unha banda, o Troula Betanzos -fundado en 1995 e que este ano xoga en Terceira División- presentará as súas novas incorporacións, entre as que destaca Iago Socastro, que vén de clubs coma o Rías Baixas, o Lobelle Santiago, o FC Barcelona ou O Parrulo.

Rival deste equipo será o Cidade de Narón, que vén disputando a Segunda División B, onde parte como favorito para facerse co campionato de liga e ascender así na categoría. Presenta as altas de Josito e Buján, para completar un cadro de 13 xogadores dos que tres son porteiros.

Ámbolos dous equipos veranse as caras ás 21:30 horas. Pero, ademais, o público poderá animar a dous conxuntos da comarca: unha selección de San Sadurniño e o equipo da Pombiña de Pedroso. Terá lugar ás 19:30 horas.

O Cidade de Narón xogará esta noite un amistoso contra o Troula F.S. de Betanzos (Foto: Cedida)

O Cidade de Narón xogará esta noite un amistoso contra o Troula F.S. de Betanzos (Foto: Cedida)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies