Home / Deportes / O Cidade de Narón vence ao Troula de Betanzos no I Trofeo de Futbol Sala Concello de San Sadurniño

O Cidade de Narón vence ao Troula de Betanzos no I Trofeo de Futbol Sala Concello de San Sadurniño

FERROL360 | Venres 13 setembro 2013 | 11:48

Nada lineal resultou o encontro de onte no que se viron as caras dous equipos pertencentes a Segunda B e Terceira División. O Cidade de Narón superou ao Troula F.S. na primeira metade nun test de pretemporada deixando o marcador no descanso a 0-3. Os de Javier Albes tiveron grandes ocasións que se materializaron especialmente no xogo de Lito, Juve e Iván.

Aínda que coa chegada da segunda parte, os naroneses sufriron ante o equipo de Betanzos que sacaron a táctica máis brusca para remontar e igualar o 4-4, grazas a Manitas, Zuluaga e os dous tantos de Álex, a falta de tres minutos para o final.

Pero logo chegaron os dous últimos goles de Jaco e o marcador se situou no 4-6 outorgando o primeiro Trofeo Concello de San Sadurniño ao Cidade de Narón.

Copa Xunta en Mos

O Cidade de Narón buscará mañá os cuartos de final da Copa Xunta en Mos, onde terá que loitar pola victoria para poder clasificarse nas eliminatorias autonómicas.

Encontro comarcal

Antes do amistoso entre Narón e Betanzos, os de San Sadurniño tiveron a oportunidade de enfrontarse aos seus veciños do equipo da Pombiña de Pedroso. Os anfitriones deixaron o marcador a 8-1.

 

 

 

El Cidade de Narón venció anoche al Troula F.S. de Betanzos en el I Trofeo Concello de San Sadurniño (Foto: Narón Futsal)

O Cidade de Narón venceu onte ao Troula F.S. de Betanzos no I Trofeo Concello de San Sadurniño (Foto: Narón Futsal)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies