Home / Deportes / O Club Arco Narón recibe 17.000 euros do Concello para o fomento deste deporte

O Club Arco Narón recibe 17.000 euros do Concello para o fomento deste deporte

FERROL360 | Mércores 30 xullo 2014 | 21:19

Os deportes minoritarios precisan do apoio e colaboración dos concellos para fomentar a práctica dos mesmos e asegurarlles un futuro. Así, o alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e o presidente do Club Arco Narón, Anxo Grandal d’Anglade, asinaron este mércores un convenio de colaboración acompañados pola concelleira de Deportes, Natalia Hermida.

O acordo ten vixencia anual, que irá de de xaneiro a decembro de 2014, e ten como obxecto a coordinación e promoción de calquera actividade relacionada co tiro con arco. Así, a administración local realizará unha achega de 17.000 euros e cederá as instalacións do Pavillón da Mocidade de A Gándara de luns a venres de 18:00 a 20:00 horas, exceptuando os meses de verán.

Sánchez Fojo, Grandal d’Anglade e Hermida durante a sinatura (foto: Concello de Narón)

Sánchez Fojo, Grandal d’Anglade e Hermida durante a sinatura (foto: Concello de Narón)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies