Home / Deportes / O Club de Baile Deportivo de Narón acapara cinco dos dez primeiros postos no Campionato Galego de Latinos

O Club de Baile Deportivo de Narón acapara cinco dos dez primeiros postos no Campionato Galego de Latinos

FERROL360 | Luns 11 abril 2016 | 21:39

O Club de Baile Deportivo Narón acadou cinco dos dez primeiros postos do Campionato Galego de Latinos que se celebrou este domingo no pavillón polideportivo da Gándara, no marco do XV Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón, participando máis de 500 persoas.

O concelleiro de Deportes do municipio naronés, Román Romero, deu os parabéns aos participantes en xeral e ás parellas do Club de Baile Deportivo Narón en particular polo seu excelente resultado nesta proba e a organización da mesma, na que colaborou tamén, entre outras entidades, o Padroado de Deportes e de Cultura e a Concellería de Mocidade.

Parellas do Club de Baile Deportivo Narón obtiveron os primeiros postos nas categorías Xuvenil I –na que tamén lograron o segundo premio do campionato-; Youth –campións e subcampións-; Adultos I; Adultos II –campións e subcampións- e Senior III-IV –campións e subcampións-.

No resto das modalidades quedaron tamén no alto da táboa clasificatoria, ao acadar o segundo e terceiro posto na modalidade Xuvenil II –o primeiro foi para o Club de Baile Deportivo BTroula, de Meis (Pontevedra); o segundo en Junior II –gañou Quero Baile, de Vigo- e o segundo e o terceiro no Senior II –a parella gañadora foi da Escola de Baile Arte y Danza, de Vigo-.

En representación do Club de Baile Deportivo Narón, Sandra García, destacou os resultados acadados polo clube, subliñando que «o esforzo que realizan as parellas das diferentes categorías durante todo o ano é o que lles permite situarse nos primeiros postos neste tipo de competicións».

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes recalcou ademais o éxito da convocatoria, recordando que durante a xornada de onte pasaron polas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara unhas 1.200 persoas para presenciar esta proba deportiva.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies