FERROL360 | Venres 29 maio 2015 | 18:50
Desde o Comité de Persoal do Concello de Narón rexeitan a utilización de páxinas webs en contra dos traballadores da administración local nas que «poñen en dúbida a súa honorabilidade». Nun comunicado, o persoal sinala que unha vez rematada a campaña electoral quere manifestar a súa repulsa total sobre esta situación.
Tamén queren condenar os funcionarios «o feito de que o candidato e representante do Partido Popular lles recomendara aos veciños o visionamento desta páxina dentro dos actos realizados na súa campaña electoral», engaden non seu escrito.
Asimesmo, a xunta de persoal indica que os compañeiros afectados polas informacións aparecidas na web contan con todo o apoio do comité e sinalan que estes funcionarios «xa fixeron as correspontes denuncias no Xulgado e na comisaria». Tamén piden que «nunca máis se volva a utilizar aos traballadores nas futuras campañas electorais».