Home / Actualidad / O Concello de Ares adxudicará nos vindeiros días as seis obras financiadas con cargo ao PAS 2015

O Concello de Ares adxudicará nos vindeiros días as seis obras financiadas con cargo ao PAS 2015

FERROL360 | Domingo 11 setembro 2016 | 11:51

O Concello de Ares adxudicará nos próximos días as obras do Plan de Acción Social da Deputación -PAS-, correspondentes ao ano 2015. En total, son seis actuacións, que inclúen tanto melloras en servizos e camiños como recuperación de espazos públicos e suman un investimento de máis de 188.000 euros

A primeira das obras, a do Plan de marquesinas, conta cun orzamento de 30.000 euros e suporá a renovación de marquesinas en varios puntos do municipio, tales como o Alto de Simou, Marina do Pombal ou a Praza Ramón García. A instalación do novo mobiliario responde ao estado actual das mesmas e á notable demanda de transporte público de xeito regular nestas zonas.

A mellora da accesibidade na Porta do Sol tamén se levará a cabo grazas ao PAS. Conta cun orzamento de 38.852,57 euros e a intervención consiste na reparación do pavimento mediante un aglomerado asfáltico e a mellora dos elementos organizadores do tráfico. O prazo de execución dos traballos é dun mes.

O Plan provincial tamén financiará a recuperación da Praza Ramón García e o camiño das Salgueiras, ambos situados en Chanteiro. As actuacións contan cun prazo de execución dun mes e un orzamento que ascende a 44.156.65 euros. Repararase o pavimento da praza mediante un aglomerado asfáltico e do camiño cun triple tratamento asfático por zonas afectadas.

A colocación e leds no Paseo Marítimo e na Avenida de Paz tamén se levarán a cabo através deste plan. Consiste na renovación do alumeado existente, reemprazando as lámparas de vapor de sodio por luminarias LED, que permitirá unha maior calidade de iluminación nestes espazos e a mellora respecto ao aforro enerxético. O orzamento desta actuación é de 32.759,61 euros

Grazas ao PAS executarase a obra de condicionamento e reparación do camiño de Praza da Rega a Pomouco en Chanteiro e a fonte ubicada nel. O obxecto desta actuación é o de mellorar a accesibilidade do camiño coa reparación do pavimento mediante un aglomerado asfáltico.

Ao mesmo tempo, rehabilitarse a fonte ubicada no camiño que na actualidade atópase en mal estado. O prazo de execución dos traballos é dun mes e contan cun orzamento total de 40.879,50 euros

Por último, a sexta obra programada polo goberno local dentro do Plan é a de reparación e renovación do Parque Rosalía de Castro. A intervención conta cun orzamento de 21.320,86 euros e un prazo de execución dun mes.

Esta obra consiste na dotación de novos elementos de xogo para persoas con mobilidade reducida, a mellora dos perímetros de seguridade e a sustitución do pavimento de losas de caucho actual por outro continuo.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies