Home / Ferrol / Ares / O Concello de Ares tramita as solicitudes de axuda do ticket electrónico social

O Concello de Ares tramita as solicitudes de axuda do ticket electrónico social

FERROL360 | Martes 26 xaneiro 2016 | 14:05

O departamento de Servizos Sociais de Ares tramitará as solicitudes de axuda económica para o pagamento do ticket electrónico social. O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro día 31de xullo.

Esta achega autonómica consiste na subvención dunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo. Contempla unha cantidade fixa de 90 euros semestrais, que ascenden a 150 no caso das familias numerosas.

Os servizos sociais municipais tramitarán estas axudas para aqueles veciños que cumpran cos requisitos fixados pola Administración autonómica. Este son: unidades de convivencia de Galicia, nas que residan menores de idade ou discapacitados cun grao maior do 33 % e cuns ingresos anuais inferiores a 9.585,19 euros en 2014.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies