FERROL360 | Luns 25 marzo 2018 | 12:47
A Concellería de Participación Cidadá do Concello de As Pontes ponen marcha a ferramenta gratuita Línea Verde. Este servizo permite que os cidadáns resolvan pequenas dúbidas medioambientais, ademais da posibilidade de informar sobre incidentes que se poidan producir no equipamento urbano.
Deste xeito, a Línea Verde convértese nunha canle de comunicación directa e de balde entre os veciños e o Concello. Para acceder ao servizo Línea Verde As Pontes basta con conectarse á páxina web ben a través do ordenador ou dun dispositivo móbil e facer un rexistro.
Tamén está a opción de descargar a aplicación no móbil dende a páxina oficial en calquera das dúas plataformas (Play Store ou APP Store). Unha vez o usuario ten acceso pode poñer en coñecemento do Concello de As Pontes calquera incidencia que detecte no municipio.
Ademais, a Línea Verde tamén ofrece ampla información sobre lexislación ambiental, sistemas de xestión, residuos, reciclaxe, contaminación acústica e como base de consulta sobre trámites administrativos, axudas e subvencións.
Coa implantación deste servizo, o Concello de As Pontes pretende ofrecer aos veciños e empresas unha canle de comunicación directa, rápida, eficaz e participativa.