Home / Actualidad / O Concello de Cabanas organiza reunións cos veciños para explicar a preparación dos orzamentos

O Concello de Cabanas organiza reunións cos veciños para explicar a preparación dos orzamentos

FERROL360 | Xoves 16 outubro 2014 | 15:37

Os locais sociais do municipio de Cabanas acollerán as diferentes xuntanzas que o Concello realizará cos veciños para explicarlles como se van preparar os orzamentos do vindeiro ano 2015. Deste xeito, tamén se escoitarán as suxestións e as preguntas que os asistentes desexen realizar.

O obxectivo, apuntan desde o goberno local, é «preparar os mellores presupostos posibles para o funcionamento do Concello, tendo sempre en conta as necesidades de cada parroquia». A hora das reunións será sempre ás 20:30 horas e o calendario previsto é o seguinte:

20 de outubro: Local Social do C.C.R.D. San Martiño de Porto; 24 de outubro: Local Social de Santa Cruz; 27 de outubro: Escola de As Viñas; 29 de outubro: Local Social do S.C.R.D. San Mamede de Laraxe e 31 de outubro: Local Social de Lavandeira.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies