Home / Eume / Cabanas / O Concello de Cabanas organiza unha Camiñata pola ruta das 15 fontes

O Concello de Cabanas organiza unha Camiñata pola ruta das 15 fontes

Cabanas (foto: Eume Turismo)
Cabanas (foto: Eume Turismo)

FERROL360 | Sábado 8 septiembre 2018 | 15:22

O Concello de Cabanas en colaboración coa Asociación de Veciños Cabanas e Irís organiza o próximo 23 de setembro a Camiñata pola ruta das 15 fontes. A andaina comezará ás 09:00 horas no cruceiro do Día Oito e terá un percorrido circular duns 15 kilómetros cunha dificultade media-baixa.

A ruta fará o seguinte percorrido: Fontenla, Preguiza, Corgos, Regueiro, Carballo, Pena, Balvís, Irís, San Antonio, Carballo, Pena, Balvís, Irís, San Antonio, Salto, Formariz, Pedra do Couto, Laraxe, Muiño e Fontao.

Ao rematar a camiñata terá lugar o xantar cun prezo de 15 euros para o que é preciso anotarse previamente chamando ao número de teléfono 619 625 110 ou ben no seguinte correo asociacionasvinas@gmail.com.

Finalmente, a organización lembra que o evento é unha quedada polo que cada participante acude baixo a súa responsabilidade.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*