FERROL360 | Domingo 11 setembro 2016 | 12:21
Durante os meses de xullo e agosto o Concello de Cabanas retirou un total de 70 niños de vespa velutina no municipio. A Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil foi a encargada de realizar estas labores, atendendo especialmente as solicitudes de actuación trasladadas pola veciñanza.
Dende finais do mes de xuño, Protección Civil conta con equipamento específico para a loita contra a vespa velutina, traxes que permiten ós grupos de emerxencias levar a cabo con seguridade a destrución e retirada de niños.