Home / Ferrol / Cedeira / O Concello de Cedeira edita unha guía divulgativa sobre a riqueza xeolóxica da vila

O Concello de Cedeira edita unha guía divulgativa sobre a riqueza xeolóxica da vila

FERROL360 | Martes 21 abril 2015 | 19:06

Cedeira amosa a súa singular riqueza xeolóxica coa publicación «Guía xeolóxica de sete xeorutas». Unha obra do Doutor e investigador Francisco Canosa, que se presentará nun acto público este sábado no Espazo Xove. O libro propón unha viaxe ao interior da Terra a través de sete xeorutas que se enmarcan nos límites territoriais da vila.

Na publicación se recollen algunhas curiosidades como que na zona de Cedeira se atopan as únicas praias de area negra non volcánicas coñecidas no mundo ou que se conservan materiais que formaban parte dun antigo océano hai 350 millóns de anos.

O acto comezará ás 11:30 horas cunha serie de charlas informativas en torno ao proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal, do que Francisco Canosa é o principal impulsor. Darase a coñecer tamén a asociación Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal, unha entidade aberta á participación de todos os interesado en apoiar esta iniciativa.

A presentación do libro serás ás 13:00 horas e na mesma participarán o alcalde, Luis Rubido, e o autor. A obra propón sete xeorutas, algunhas das cales discorren por sendeiros xa creados e empregados na actualidade. Son a xeoruta do litoral, dos cantís, de Teixido, do granate, do titanio, das praias negras e do cromo.

Ademais do correspondente glosario xeolóxico, o libro contén unha guía visual de identificación de rochas xunto cos datos máis salientables, tal que a composición, idade, usos e orixe de cada unha delas. Do mesmo xeito, os mapas van acompañados dun código QR que permite unha perfecta localización da xeoruta.

O Concello, que editou mil exemplares, utilizará a publicación como agasallo institucional e manual para a súa distribución en centros educativos, biblioteca e instalacións municipais. O público tamén poderá mercalo a través do blog da asociación Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal e en establecementos da vila.

Banner Odeon

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies