FERROL360 | Luns 27 abril 2015 | 14:25
Os viais da Revolta, Ludeiro, A Presa, Candales e Veciñeira, na parroquia de San Román -Cedeira-, serán obxecto dunha intervención de mellora de camiños e pistas. Así, procederase á limpeza de cunetas, rebacheo da superficie e traballos de aglomerado a base de dobre capa de rego asfáltico.
O Concello de Cedeira adxudicou este paquete de intervencións por un importe superior aos 73.500 euros. O prazo de execución das obras é de mes e medio. Así mesmo, tamén se procederá ao acondicionamento dun pequeno vial de 370 metros na Pasada.
Neste caso, a mellora incluirá a limpeza de cunetas, colocación de sinal de stop e execución de pasos salvacunetas para a correcta drenaxe do camiño. A actuación completaráse coa aplicación dunha capa de zahorra, o desbroce do terreo e a tala e retirada do arborado que afecta á circulación.