Home / Sociedad / Empleo / O Concello de Fene abre o proceso de contratación de persoal para impartir un obradoiro de emprego

O Concello de Fene abre o proceso de contratación de persoal para impartir un obradoiro de emprego

FERROL360 | Martes 1 setembro 2015 | 19:57

O Concello de Fene busca persoal directivo e docente para impartir o obradoiro de emprego «Inicia», que se desenvolverá durante setembro de 2015 e marzo de 2016. Os interesados en participar no proceso de contratación deben estar inscritos no Servizo Público de Emprego como desempregados ou de mellora de emprego.

A administración local precisa dun director; mestre de especialidade Fabricación e montaxe de instalacións de tubería industrial; mestre da especialidade Pintura industrial en construción; mestre de especialidade Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría; mestre de ensino básico e mestre de fomación empresarial.

É importante que na demanda de emprego conste a solicitude da ocupación á que se pretende acceder, xa que a preselección dos traballadores se realizará a través da SPE. Para máis información, os interesados poden dirixirse á Área de Formación e Emprego Pancho Allegue, no teléfono: 981.49.27.67 ou no enderezo: orientacion.laboral@fene.es. Podedes consultar aquí as bases.

Lista de aspirantes para prazas de conserxe

Por outra banda, o Boletín Oficial da Provincial vén de publicar a convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para futuras coberturas como funcionario interino das prazas de conserxe grupo: Agrupacións profesionais; Escala: Administración especial.

Aquí podedes acceder ás solicitudes para formar parte nas probas selectivas e a documentación debe dirixirse ó alcalde de Fene indicando que se reúnen todos os requisitos esixidos nas bases. O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das bases no BOP e presentaranse no Rexistro xeral do Concello.

A instancia, conforme ó modelo que figura no anexo II, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación: copia compulsada do DNI ou pasaporte e, de ser o caso, copia compulsada do CELGA 1 ou equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies