Home / Ferrolterra / Fene / O Concello de Fene aposta polas actividades educativas para tódolos públicos

O Concello de Fene aposta polas actividades educativas para tódolos públicos

FERROL360 | Xoves 7 novembro 2013 | 18:59

A Área de Servizos Sociais do Concello de Fene está a traballar na organización de obradoiros educativos para persoas de tódalas idades.

Espazos Compartidos é un programa que ten como obxectivo adquirir ferramentas necesarias para o estudio e o desenvolvemento persoal, potenciando as habilidades persoais.

Por un lado, hai sesións destinadas a nenos e nenas de 6 a 12 anos, onde se fomenta a lectura, a creatividade, a concentración e se comparten xogos.

Ademais, tamén se ofrecen dúas sesións ao mes coas familias que desexen asesorarse arredor de aspectos coma o aprendizaxe e o crecemento dos pequenos. A actividade está aberta a tódalas familias do termo municipal.

O prazo de matrícula está aberto ata o vindeiro 11 de novembro e a ficha de inscrición realizarase nos centros educativos de Primaria, onde se levarán a cabo as actividades, que se prolongarán dende o 18 de novembro ata o mes de maio.

Por outra banda, o Concello de Fene tamén ofrece programas de envellecemento activo cos que se quere conseguir que as persoas da terceira idade compartan bos momentos e intercambien experiencias potenciando as súas capacidades.

Máis información no Centro Municipal de Servizos Sociais, nos teléfonos 981 492 706 e 981 342 607 ou no enderezo electrónico servizos.sociais@fene.dicoruna.es

A ficha de inscrición pode realizarse nos centros educativos de primaria (Concello de Fene)

A ficha de inscrición para os máis pequenos pode realizarse nos centros educativos de primaria (Concello de Fene)

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies