Home / Cultura / O Concello de Fene organiza un obradoiro artístico de decoración de cabazas

O Concello de Fene organiza un obradoiro artístico de decoración de cabazas

FERROL360 | Xoves 15 outubro 2015 | 10:09

Os pequerrechos maiores de 6 anos poderán participar no obradoiro artístico de decoración tradicional de cabazas que organiza o Concello de Fene. A actividade terá lugar o vindeiro venres 23 de outubro e desenvolverase nas instalacións do CCRD de Perlío, en horario de 17:00 a 19:00 horas.

Os participantes, que deberán estar acompañados dun adulto se son menores de 12 anos, poderán decorar as súas cabazas de Samaín ao estilo clásico ou ben crear os seus propios deseños e facer das súas cabazas pezas escultóricas únicas e orixinais. Ao final do obradoiro, os que queiran, poderán levar para a casa as súas cabazas.

A organización facilitará aos participantes todo o material necesario para o desenvolvemento deste taller. Para participar nesta actividade, será preciso cubrir a ficha de inscrición que se pode descargar aquí e enviala ao correo electrónico: omix@fenecidadan.net antes do vindeiro 21 de outubro ás 15.00 horas.

O número de prazas é limitado a 15.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies