Home / Actualidad / O Concello de Ferrol comeza unha campaña de información para potenciar os rexistros auxiliares

O Concello de Ferrol comeza unha campaña de información para potenciar os rexistros auxiliares

FERROL360 | Miércoles 7 octubre 2015 |17:00

O concelleiro de Participación Cidadá e Organización Interna, Álvaro Montes, realizou unha presentación durante esta mañá da publicidade sobre os dous rexistros auxiliares que se encontran funcionando dende hai uno ano no barrio de Caranza, no piso baixo do Centro Cívico de Caranza, e na zona rural de Serantes, no local da AAVV de San Salvador.

Ambos tiveron unha escasa participación veciñal, contando cuns rexistros dos meses de xuño e xullo moi baixos que non suberon dos 15 documentos entregados. Un dos motivos da pouca actividade pode darse porque «a cidadanía non coñece estes rexistros», puntúa o edil.

Por este motivo, dende o goberno local pretenden impulsar esta iniciativa co reparto de preto de 10.000 folletos informativos e pegada de carteis en centros públicos a través das entidades veciñais.

Estes centros, que funcionan dende hai un ano, estiveron pausados dúas veces. O primeiro caso ó mes e medio de comezar por falta de persoal e a segunda en agosto por vacacións dos traballadores.

Nestes servizos auxiliares traballa un funcionario desprazado desde o Concello e unha persoa que se ocupa da Atención Cidadá.

O concelleiro Montes explicou que «un problema que se atopou este goberno é que existen dúas bolsas de emprego para contratación e substitucións de persoal funcionario que o non estar unha delas sen baremar desde hai anos pois non a podemos usar para cubrir esas prazas».

As dúas oficinas están ao servizo dos veciños para a recepción de escritos e comunicacións, dar información xeral sobre os distintos servizos do Concello, orientar sobre os trámites que deban realizar, indicar a sección ou unidade correspondente para unha atención mais especialidade ou repartir solicitudes e documentos.

En Caranza, abre as portas luns e mércores de 10 a 13 horas, mentres que Serantes faino martes e xoves co mesmo horario.

Un comentario

  1. Los registros que Jorge se quiere cargar, no lo olvidemos. Ahora dirán que la campaña no funciona bien y que echan la reja.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies