Home / Ferrol / Narón / O Concello de Narón abre o prazo de matrícula no programa de Envellecemento Activo

O Concello de Narón abre o prazo de matrícula no programa de Envellecemento Activo

FERROL360 | Miércoles 1 julio 2015 | 14:40

A Concellería de Promoción Social de Narón abriu o prazo de matrícula nas actividades do programa de Envellecemento Activo para o curso 2015-2016.

As persoas maiores interesadas en participar nesta iniciativa poden formalizar no Servizo Sociocomunitario –na primeira planta do Concello- as novas inscricións nas clases de Ioga, Ximnasia rehabilitadora, Memoria e Música coral, que son as actividades ofertadas e a desenvolver entre os meses de setembro deste ano e xuño do próximo. As sesións impartiranse nos centros comunitarios e nos locais sociais do municipio.

Os maiores de sesenta anos deberán formalizar antes do vindeiro 15 de xullo as inscricións das modalidades de Ioga, Ximnasia rehabilitadora, Memoria e Música coral, mentres que os menores de sesenta poderán facelo a partir do 16 de xullo ata finais de mes.

O prezo da matrícula é de 8,15 euros ao mes, que se deberán aboar na Caixa do Concello, localizada na planta baixa.

Desde a Concellería de Promoción Social de Narón anímase aos maiores da localidade a participar neste programa.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies