FERROL360 | Mércores 11 febreiro 2015 | 14:42
O Colexio de O Feal é obxecto de dúas obras de mellora das súas instalacións. Así, renovouse o chan do ximnasio e está prevista a renovación de portas e armarios das aulas que o necesiten. A primeira das actuacións esta valorada en 7.200 euros e a segunda en 16.000 euros.
Para este ano tamén está programada a renovación de tuberías de calefacción no CEIP de Piñeiros, así coma a instalación de deshumificadores e novos radiadores en diferentes colexios. O Concello de Narón conta cun orzamento de 72.500 euros para destinar a obras de mantemento dos centros neste ano.
Certificado Mobile Friendly de Google
Por outra banda, a web de turismo de Narón vén de acadar o certificado Mobile Friendly de Google. Este documento acredita a este canle como sitio web adaptado a dispositivos móbiles coma smartphones e tablets.
Na última actualización de deseño xa se optou por aplicar tendencias de maquetación e programación que facilitasen a usabilidade e a accesibilidade da web. E é que no ano 2014 máis do 20 % dos accesos a páxinas web fixéronse dende dispositivos móbiles.
O alcalde visitou o colexio acompañado polo director do centro (cedida)