Home / Ferrol / Narón / O Concello de Narón actualiza o seu directorio público de entidades da comarca

O Concello de Narón actualiza o seu directorio público de entidades da comarca

FERROL360 | Mércores 11 maio 2016 | 9:43

O Concello de Narón está a actualizar o seu directorio público de entidades, tanto do municipio como da comarca, que desenvolven actividades na localidade. As asociacións que desexen formar parte deste directorio deben enviar un email a: escoladeparticipacion@cidadania.coop.

Tamén poden descargar na páxina web do Concello o impreso que deben cumprimentar e entregalo asinado no Rexistro municipal. No directorio actual figuran 41 asociacións agrupadas por áreas de traballo: veciñais, de mulleres, culturais e socioculturais, sociosanitarias, de diversidade funcional, Anpas, deportivas, profesionais e de turismo.

Á hora de inscribirse os representantes das entidades deben facilitar o nome da mesma, o dunha persoa de contacto, o enderezo postal, o número de teléfono e, no caso de dispoñer dos mesmos, correo electrónico, páxina web e perfís en redes sociais.

Entre os obxectivos deste traballo, ademais de actualizar a información de contacto das entidades cidadás, está o feito de que poidan establecer unha vía de traballo a través da que compartir experiencias e información sobre as súas respectivas áreas.

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies