Home / Actualidad / O Concello de Narón habilita 50 novas prazas de aparcamento en Piñeiros

O Concello de Narón habilita 50 novas prazas de aparcamento en Piñeiros

FERROL360 | Martes 14 abril 2015 | 13:50

A explanada existente detrás da Igrexa parroquial de Piñeiros acollerá un novo aparcadoiro con 50 prazas de estacionamento para turismos. O Concello de Narón acondicionou este espazo público para que os veciños teñan máis facilidades á hora de aparcar os seus vehículos.

Este novo aparcadoiro entrará en servizo este mércores día 15 de abril e ven a dar resposta á demanda dos veciños desta parroquia, que presentaron por Rexistro máis dun centenar de sinaturas pedindo este espazo.

Desde o Concello explican que ata o de agora, a parcela víñase empregando tan só nas datas de celebración das festas parroquiais de Piñeiros. Estas novas prazas súmanse ás xa existentes no aparcadoiro da Rúa Pedregal (detrás das instalacións de Autos Paco).

Publicidad

banner parque ferrol

Comentar

Su dirección de correo electrónico no será publicada.Los campos necesarios están marcados *

*

En Ferrol360 utilizamos cookies para que tengas la mejor experiencia de usuario. Si continúas navegando, estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Puedes pinchar el enlace para tener más información. ACEPTAR
Aviso de cookies